Actividades

Todas as actividades

Corpo e vibración Arredor do Son

Javier Martín

Salón Teatro

Mércores 4 de Outubro | 10:00 - 15:00 h.

De balde con inscrición previa, ata completar a capacidade

20

Corpo e vibración é un espazo aberto á experimentación que parte do movemento e o seu cruzamento co son. Neste obradoiro, o coreógrafo Javier Martín propón unha apertura ás relacións entre corpo e espazo partindo dunha dinámica de traballo moi persoal, na que a filosofía, a improvisación, a danza e a performatividade forman parte dun único discurso.

Foto: Carlos Bernar

"Unha superficie plana que se alabea xera as tres dimensións, o cóncavo e o convexo; se falamos dun medio metálico, os sons que proxectan estas superficies son estudados pola ars tintinabula, a arte de tocar as campás. O son é un modo da vibración que se propaga nun determinado espazo físico, o aire [...] A vibración de fondo na textura dun corpo é nexo de cambio clave cara un outro paradigma relacional, outras calidades que cos seus graos de liberdade específicos sosteñen outro locus de control ou sistema conectivo; incorporando, ao seu través, información oportuna ou novos afectos. Dende a linguaxe e a súa sensibilidade tense un corpo, e en relación á capacidade de goce en tal estrutura -o corpo pode conceptuarse coma unha arquitectura inesperada-, acompáñase na súa duración ata a súa viraxe.”  - mecamística, Javier Martín

 

Organizan: 

Javier Martín

Centro Dramático Galego

Colaboran:  

CI+ creatividad y estimularción en el aprendizaje

Proxecto de investigación Performa da USC

Curtocircuito

 

  • Javier Martín

    Javier Martín é coreógrafo. Desenvolve o seu proxecto de investigación no ámbito das artes do movemento, a través da creación do discurso e a aplicación do mesmo no desenvolvemento de seminarios transdisciplinares, conferencias performativas, activación e desenvolvemento de grupos de investigación e, como motor e causa de todo, a creación de espectáculos.

    Desde 2004, estreou máis de 30 pezas en España, Francia, Rusia, Portugal, México e Ucrania. Recentemente, foi artista residente en EIRA, Lisboa; Kannon House, S. Petersburgo; Centro Canal, Madrid ou MUN, Pamplona; e presentou os seus últimos proxectos en UNAM, Museo del Chopo, México; GogolFest, Kiev; CCCB, Barcelona; Theatro Circo, Braga; Pompidou, Málaga; Reina Sofía, Madrid; e Univ. Sorbonne, París, entre outros. Colaborou con artistas de diferentes disciplinas, como o músico Oleg Karavaichuk.

    www.javiermartín.com

    http://www.tea-tron.com/javiermartin/blog/