Alberto García-Alix
(León, 1956). Premio Nacional de Fotografía (1999), Premio de Fotografía de la Comunidad de Madrid (2004), Premio PhotoEspaña (2012), e finalista no 2014 do Premio Deutsche Börse. No ano 2012, foi nomeado Chevalier des Arts et des Lettres (Cabaleiro das Artes e das Letras) de Francia.
Desde os anos 80, realizou numerosas exposicións en espazos coma Les Rencontres Internationales d’Arlès, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, a parisiense Maison Européenne de la Photographie, o Museo de Arte Contemporáneo de Castela e León (MUSAC) e a Tabacalera de Madrid.
Como autor, publicou unha ducia de libros de fotografía, así como diversas obras audiovisuais onde narrativa e imaxe se complementan. O libro de fotografías MOTO (2015), publicado por Cabeza de Chorlito, editorial da que é cofundador, é o seu libro máis recente. Coma editor, fundou a revista de culto “El Canto de la Tripulación” (1989). Entre os seus últimos proxectos expositivos en solitario, destaca La razón de ser, (2017. Galería Juana de Aizpuru. Madrid), onde mostrou máis dunha trintena de fotografías inéditas realizadas nos últimos tres anos.
No ano 2017, PhotoEspaña dálle carta branca como comisario para programar seis exposicións baixo a temática do “sublime e heterodoxo”. É nese ano cando o festival consegue acadar, por vez primeira, o millón de visitas, converténdose así na edición máis concorrida nos seus vinte anos de historia.