Palmarés 2017
Esta noite celebramos o noso acto de clausura no que se deron a coñecer os gañadores da nosa décimo-cuarta edición. Moitas felicidades aos premiados.
Esta noite celebramos o noso acto de clausura no que se deron a coñecer os gañadores da nosa décimo-cuarta edición. Moitas felicidades aos premiados.
En Curtocircuíto queremos rendir homenaxe ao actor estadounidense, recentemente falecido, coa proxección de Harry Dean Stanton: Partly Fiction o domingo 7 de outubro ás 17:00.
O cineasta británico protagonizará a xornada inaugural de Curtocircuíto o sábado 30 de setembro.
O cartel da nosa décimo cuarta edición foi realizado polo equipo del festival, en colaboración con Juan Junquera I eMotive.
A décimo cuarta edición de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine amosará o traballo feito desde detrás da cámara do músico Stuart Staples e o Premio Nacional de Fotografía Alberto García-Alix.
faUSt actuará este outono en Compostela dentro da programación de concertos de Curtocircuíto, da que tamén forman parte o músico e performer francés Álex Augier, os norteamericanos Horse Lords e os live sets de Ricardo Remédio e Álex Silva, entre outros. O festival reforza así a súa proposta de marcado carácter interdisciplinario.
Os alumnos de Grao da Universidade de Santiago de Compostela que asistan ás nosas proxeccións e actividades poderán acadar ata dous créditos ECTS, colaborando nas actividades de voluntariado e tamén asistindo ás proxeccións.
Procuramos 20 persoas que desexen vivir o festival desde dentro, contribuíndo en tarefas de apoio. O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro.
Desde os seus inicios no ano 2000 Ertz ten contado coa presenza de destacados nomes da escena internacional de música experimental e arte sonora. Propón unha plataforma creativa, produtiva e en constante mutación para a realización de proxectos de arte contemporánea.
Arredor do Son é un conxunto de encontros interdisciplinarios que dialogan en torno ao concepto de son como forma de expresión e vía de coñecemento. O edificio Obra Social Abanca situado na praza de Cervantes aglutinará grande parte das actividades consolidándose como unha nova sede do festival compostelán.
O xoves 31 de agosto presentamos na praza da Quintana a nosa segunda Noite Curta, nunha sesión gratuita ao aire libre que dará comezo ás 22.00 horas.
Os vindeiros 24 e 31 de agosto a partir das 22.00 horas, regresa o cine de verán ao centro histórico compostelán da man de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, cunha nova edición das nosas populares Noites Curtas, dúas sesións gratuítas ao aire libre.
Curtocircuíto celebrará a súa edición número catorce do 1 ao 8 de outubro dedicando cadansúa retrospectiva aos cineastas F. J. Ossang e Teddy Williams. Ademais destes directores, proximamente, será anunciada unha figura de referencia internacional que tamén estará presente no festival.
Curtocircuíto Festival Internacional de Cine anunciou hoxe os seus premiados nun acto de clausura, que puxo punto e final a unha das edicións máis exitosas na historia do certame e onde tamén se recoñeceu o labor do galego Chema Prado á fronte da Filmoteca Española. Prado foi homenaxeado en recoñecemento polo seu traballo a prol da conservación e recuperación do patrimonio audiovisual.
LST LiveSoudtracks – Music For Films, será o festival convidado da decimo terceira edición de Curtocircuíto. LST traballa en diferentes espazos de Barcelona desde 2007, e chega a Compostela despois de exportar a súa proposta a diferentes cidades de España, Alemaña e Italia. Trátase dun proxecto interdisciplinar que explora a intersección entre cine e música, a través de exposicións, obradoiros, charlas e exhibicións.
Dúas personalidades de sona internacional, que chegan ao festival despois do seu paso por citas como Cannes, Venecia ou a Berlinale: trátase de dous convidados de excepción, como o cineasta norteamericano Abel Ferrara e o documentalista ucraíno Sergei Loznitsa que visitarán Compostela durante a vindeira edición de Curtocircuíto.
Curtocircuíto e WOS volven aliarse por segundo ano consecutivo para traer á cidade de Santiago de Compostela un programa de vangarda para todos os públicos. Ademais das sinerxías evidentes, esta alianza consiste nun intercambio de programación: Curtocircuíto porá cinema en WOS e WOS porá música en Curtocircuíto.
Regresan as Noites Curtas, cunha programación que traerá o mellor do cinema de vangarda a Compostela, en dúas sesións ao aire libre. A primeira cita será o 25 de agosto, na praza de Praterías, cunha selección das películas máis salientables da pasada edición do festival. A segunda terá lugar na Praza da Quintana, cun programa de cine realizado en colaboración co festival WOS.
O lendario crítico de cinema Jonathan Rosenbaum, será un dos principais convidados da 13ª edición de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine, que terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 3 e 9 de outubro de 2016. A súa presenza en Curtocircuíto é froito da estreita colaboración que mantén o festival compostelán con Filmadrid, reivindicando en España a figura dun dos maiores defensores do cine europeo nos EUA.
L.A. OLA – Spanish Contemporary Cinema Showcase é unha mostra audiovisual que se celebra en Los Ángeles adicada ao novo cinema español. En maio convidou a Curtocircuíto – Festival internacional de Cinema de Santiago de Compostela a seleccionar un programa de cinco curtametraxes que foron proxectadas en diferentes localizacións de Los Ángeles.
Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela continúa estreitando lazos con Portugal, esta vez coa colaboración co festival Porto/Post/Doc. O festival compostelán seleccionou un programa de 18 filmes por, para ou sobre adolescentes para a sección Teenage, do certame portugués que lembra á sección Teenage riot de Curtocircuíto.