Actividades

Todas as actividades

Canteiras

CGAC

Venres, 6 de Outubro | 10:30 h | Gravación de El Séptimo Vicio (Radio3) 12:00 h

Entrada e balde para centros ata completar capacidade | eventos@curtocircuito.org

Prazas: 200

Canteiras é unha das seccións máis arriscadas de Curtocircuíto. Dende o Festival consideramos a alfabetización audiovisual coma un dos factores chave na formación de futuros espectadores e creadores, de artistas autores e actores e públicos críticos e reflexivos. É por iso que queremos consolidar Canteiras como a bisagra entre iniciativas culturais educativas punteiras no sector e públicos interesados, como poden ser centros que desexan incorporar formación ou educación audiovisual á bagaxe dos seus educandos. Canteiras pretende ser un escaparate das mellores iniciativas no senso da educación audiovisual que tratan de capacitar ao alumnado para a creación e a reflexión audiovisual.

OLLOBOI

Olloboi é unha asociación sen ánimo de lucro de creadores do Barbanza, que toma o testigo do colectivo Rodaxe, grupo de profesores que dende o 2008 traballan arredor do tema do audiovisual. Froito do seu interese por educar na linguaxe audiovisual e de educar para o cine, poñen a andar diversas iniciativas, entre as cales se atopan as seguintes:

  • Aprendendo con Olloboi: Aprendo con Olloboi é un repertorio de recursos didácticos online que dan a coñecer o proceso cinematográfico en todas as súas fases, da preprodución á distribución, aportando exemplos do audiovisual galego. A intención é que, logo de facer as actividades que propoñen, o alumnado ou afecionado teña unha idea aproximada de como se fai unha película, e sexa capaz de realizar a súa propia obra.
  • Festival Olloboi: é un festival audiovisual orientado ó ámbito escolar, da educación infantil á universitaria. Trátase dun proxecto sen ánimo de lucro, comprometido, que fomenta e promove a canteira do audiovisual. Consciente de que no panorama da cultura galega non hai un recoñecemento explícito das iniciativas audiovisuais escolares, deciden traballar para premiar a orixinalidade, arte e compromiso de moitos futuros profesionais. Olloboi tén unha clara vocación educativa e creativa, pois persegue a sensibilización social e medioambiental e fomenta o activismo e o traballo colaborativo.

 

ACTIVIDADES

Olloboi en Canteiras

  • -Presentación do Festival Olloboi
  • -Presentación do libro-web Aprendo con Olloboi
  • -Proxección das curtas gañadoras

El Séptimo Vicio (Programa de Radio | Radio 3): Venres de Outubro | CGAC | 12:00 h

  • Este ano, as persoas asistentes a Canteiras tamén teredes a oportunidade de acudir á gravación dun programa de radio en directo presentado e dirixido por Javier Tolentino. El Séptimo Vicio é un espazo que Radio3 reserva para a paixón polo cine dunha audiencia que ama o cine indie, de autor, comprometido, fantasioso e empapado dunha certa militancia friki. Defende apaixoadamente o movemento de cortometraxes do noso país e a partir de ahí El Séptimo Vicio intenta estar á última nas novas vangardas cinematográficas.