Encontro con Peter Greenaway
Cunha traxectoria cinematográfica tan extensa coma coherente e, ao mesmo tempo, irresistiblemente divertida (chea de pasadizos, mapas, cartas, maletas, citas e referencias), Peter Greenaway pode facer gala non só de ser unha das grandes figuras do cine europeo da última metade do século, senón tamén de teren alcanzado a dimensión de artista integral, onde todas as disciplinas que lle apaixonan (a pintura, a fotografía, a arquitectura, a escultura, a música, a historia…) atopan unha confluencia e unha harmonía.
Currocircuíto ofrece este ano un irrepetible encontro con este mestre renomeado que desvelará o proceso de construción, transformación e consolidación da súa personalidade fílmica desde os seus primeiros traballos, protagonistas nesta edición de Curtocircuíto, ata as súas obras máis coñecidas e recentes.