Actividades

Todas as actividades

Unha resonancia sinistra Arredor do Son

David Toop

Edificio ABANCA Cervantes

Venres 6 de Outubro | 16:30 - 18:00 h.

De balde, ata completar a capacidade

Algúns artistas demostraron unha sensibilidade especial para transmitir as paisaxes sonoras da súa época antes de que os primeiros sistemas de gravación permitisen capturar e reproducir o son. Nesta conferencia, o crítico e músico británico David Toop presenta as súas investigacións sobre a historia do son, o ruído e o silencio partindo de fontes como a literatura ou a pintura.

Esta conferencia dispondrá de tradución.

David Toop analizará diversas ideas á hora de representar o son e o silencio a través de medios “silenciosos”, como son a pintura e a literatura. Centrarase especialmente nas dificultades que implica representar un momento concreto de escoita, tema central nunha serie de obras das primeiras etapas artísticas do pintor holandés nado no século XVII Nicolaes Maes.

  • David Toop

    O traballo desenvolvido por David Toop dende 1970 atravesa as fronteiras do son, a escoita, a música e os materiais. Esta práctica abrangue a improvisación musical, a escritura, a creación sonora electrónica, a gravacións de campo, a organización de exposicións, a realización de instalacións de arte sonoro e a Ópera. Como escritor, foi editor asociado e columnista de revistas coma The Wire e The Face, e publicou sete aclamados libros, incluídos Rap Attack, Into the Maelstrom (seleccionado entre os mellores libros de música de 2016 por The Guardian), Ocean of Sound e Sinister Resonance, estes dous últimos traducidos ao español.

    Foi membro da banda The Flying Lizards e publicou 13 álbums en solitario con discográficas coma Obscure de Brian Eno, Samadhisound de David Sylvian ou ROOM40 de Lawrence English. As gravacións que realizou en 1978 sobre o xamanismo Yanomami foron editadas polo selo Sub Rosa baixo o título de Lost Shadows e mostrexadas para o próximo álbum de Björk.

    Tamén colaborou con numerosos artistas e músicos (Derek Bailey, Evan Parker, John Butcher, Max Eastley, John Zorn, Thurston Moore, etc.), organizou exposicións de arte, incluídas Sonic Boom e Playing John Cage e, na actualidade, é catedrático de Audio Culture and Improvisation (Cultura do Son e Improvisación) no London College of Communication.

    https://davidtoopblog.com/

    University of the Arts London

    Vibrophiles

    Wikipedia