Eventos

Todos os eventos

Festa de inauguración: Alex Augier + Vive les Cônes (live)

Sala Capitol |

21:30 h (apertura de portas ás 21:00 h)

Entrada de balde, previa retirada de entrada na billeteira do Teatro Principal (billeteira da Sala Capitol no mesmo día do espectáculo)

Alex Augier

Alex Augier é un músico electrónico con sede en París. O seu traballo céntrase na estética dixital híbrida dende unha perspectiva musical e transversal, incluíndo elementos sonoros, visuais e formais. Estes elementos interactúan co espazo escénico e toman principalmente a forma de actuacións audiovisuais singulares. Defende unha visión xeral do proceso creativo onde o deseño, a programación e a tecnoloxía forman parte integral do proxecto artístico. As súas obras foron presentadas en festivais internacionais como Ars Electronica (Linz/AT), Media Ambition Tokyo (Toquio/JP), Festival de la Imagen (Manizales/CO), Scopitone (Nantes/FR), Open Source Art (Gdansk/PL), Kino Beat (Porto Alegre/BR), Athens Digital Arte (Atenas/GR), Nemo (París/FR)…

Vive les Cônes

Vive Les Cônes é un dúo de música electrónica francés afincado en Porto. Unha explosión de vellos «Casios» dos anos 80, a gasolina dunha máquina de bailar que non para nunca e vai bicando momentos da cultura pop de cando en vez. As fervorosas actuacións en directo deste dúo non deixan indiferente a ninguén, e convertéronse nun cadro de referencia do underground portuense.

«O melenudo dúo comeza tocando sintetizadores, soando coma John Shuttleworth facendo música house» Luke Turner, The Quietus.