Música

Todos os concertos

DJ Senhor Guimarães

Riquela Club |

01:30 h

De balde

DJ Senhor Guimarães

"Nacín en Guimarães (Portugal) en 1951. Durante 30 anos, estudei, fun á guerra e emigrei; no 81 cheguei a Porto, onde fun profesor malia que pensaba noutras cousas: Anikibóbó (1985) e Passos Manuel (2004). Son António mais chámanme Becas e, como DJ, son o DJ Senhor Guimarães".

 

DJ Senhor Guimarães é o nome de guerra dunha das figuras máis importantes da noite e responsables da dinamización cultural da cidade de Porto. É dono e señor do club Passos Manuel, onde exerce de DJ residente, que para os que estiveron aí ben lles é sabida a magnitude do que temos entre mans, e para os que non, só llelo podemos describir coma un palacio dedicado á arte e á cultura, situado no centro da cidade portuguesa. Durante a noite do venres 6 en Riquela, Becas brindaranos a súa mellor selección de música, na que non existen os prexuízos, os xéneros nin as procedencias, posto que o Senhor Guimarães ten un propósito máis importante: facer que movamos os pés ata a éxtase e a extenuación.