Filmes

Todos os filmes

Sonic Lux Arredor do Son

No Sonic Lux a experiencia auditiva é tan importante como a visual na busca da explosión sinestésica, do desbordamento sensorial do espectador. O programa comeza coa inmersión nun mundo onírico de The Origin of Dreams e BLUEFILM2 para pasar o furioso despertar de Between Regularity and Irregularity. 20 Hz dá forma a unha treboada xeo-magnética cuxos datos son interpretados coma ondas visuais e sonoras e a circularidade será tamén o motivo de Samadhi, unha busca mística da contemplación; Papillon d’amour desdobra Rashomon de Kurosawa para propoñer un Test de Rorschach extremo e Office Suite e Spacy situarannos finalmente ante unha experiencia introspectiva do límite, non tanto dos dous espazos que serán explorados coma da nosa propia percepción.

 

José Manuel López, comisario de Sonic Lux

Ler máis Ver menos

Sonic Lux

NUMAX

Duración: 69m 07s

The origin of the dreams

A orixe dos soños

Takashi Makino

  • 2016
  • 20:00
  • Xapón
  • EXP
  • COL

"A orixe dos soños é unha experiencia do mundo real ou da nosa realidade. Penso que os soños son un collage da nosa memoria. Neste filme, tentei crear a mesma situación cos soños e o cine pero usando soamente materiais da natureza".

BLUEFILM2 ((in stasis))

BLUEFILM2 ((in stasis))

Aaron Zeghers

  • 2012
  • 02:46
  • Canadá
  • EXP
  • COL

Unha meditación de hibernación creada coa impresora de contacto LED estroboscópica Franken Milne de 16mm.

Between regularity and irregularity

Entre a regularidade e a irregularidade

Masahiro Tsutani

  • 2012
  • 07:50
  • Xapón
  • EXP
  • COL

Por medio da improvisación e nuhna conversación consigo mesmo, o director do filme experimenta unha visión caótica do mundo que lembra a posta en marcha das células do sistema nervioso, agrupando sons de convulsión. Imaxes con moitos detalles e cheas de luz sincroníanse co son. A natureza crea o brillo da luz e a beleza dunha forma que xace entre a regularidade a a irregularidade. Imaxes e sons cunha textura granulosa. Estas cousas chegan ás profundidades do cerebro.

20 Hz

20 Hz

Ruth Jarman, Joe Gerhardt

  • 2011
  • 05:00
  • Reino Unido
  • EXP
  • B/N

20 Hz amosa unha tormenta xeomagnética que ten lugar na parte superior da atmosfera terrestre. Cos datos recollidos polo conxunto de radio CARISMA e interpretados en forma de audio, oímos os asubíos e o retumbar causados polo vento solar que chega á Terra, captados a unha frecuencia de 20 Hz. Xeradas directamente polo son, formas tanxibles e esculturais emerxen e suxiren visualizacións científicas.

Samadhi

Samadhi

Jordan Belson

  • 1967
  • 05:10
  • EUA
  • EXP
  • COL
Samadhi  evoca o estado de éxtase acadado polo meditante onde a conciencia individual se fonde coa Universal. Belson engade: "De forma xeral, trátase dunha obra de arte cinematográfica abstracta inspirada no ioga e no budismo, non dunha descrición ou explicación do Samadhi".

Fotografía de Samadhi de Jordan Belson, cortesía do Center for Visual Music

Papillon d’amour

Bolboreta de amor

Nicolas Provost

  • 2003
  • 03:54
  • Bélxica
  • EXP
  • B/N

Sometendo fragmentos da película Rashomon, de Akira Kurosawa, ao efecto espello, Provost crea unha escena alucinatoria sobre unha muller que pasa dunha crisálide a unha bolboreta que implosiona. Esta experiencia audiovisual física produce reflexos distorsionados sobre o amor, a súas atrocidades líricas e a desaparición.

Office suite

Suite de oficina

Robert Todd

  • 2007
  • 14:30
  • EUA
  • EXP
  • COL

Esta escapada da oficina reflexa os ritmos da miña mente desde o amencer; viaxes de luz dentro e fóra da oficina en tres movementos: Pechamento interno con sombras e vapor (andante arriba, abaixo e lateral), Fantasía exterior desde o amencer (Allegro con cores en movemento) e Corredor (a fin do mundo).

Spacy

Colocado

Takashi Ito

  • 1981
  • 09:57
  • Xapón
  • EXP
  • COL

Conxunto de imaxes telescópicas dun pavillón deportivo pasadas a toda velocidade coas que viaxamos a través do propio edificio, do espazo e do tempo.