Filmes

Todos os filmes

Playlist

É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s.XXI sen comprendelos coma un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.
 
Nesta sección propoñémosvos unha serie de filmes que usando a música como fío conductor dan lugar a  formatos híbridos a cabalo entre o documental, o videoclip ou a ficción clásica. Filmes feitos por músicos sobre músicos e viceversa.
 
Dun xeito u outro, todo vai sobre a música.
Ler máis Ver menos

Playlist

Teatro Principal

Duración: 63m 28s

Correspondence

Loic Zimmerman

  • 2016
  • 25:31
  • EUA
  • DOC
  • COL

Correspondence é un filme sobre vagabundos errantes. Comeza coma unha homenaxe a News from home (Noticias da casa) de Chantal Ackerman. O filme céntrase en Last Lizard (Alex Zhang Hungtai, coñecido anteriormente como Dirty Beaches) e está narrada pola lenda do rock Mike Watt (Minutemen, The Stooges, etc).

Estrea en españa

Rocknrollertjes

Rocknrolleiros

Daan Bol

  • 2017
  • 23:21
  • Países Baixos
  • FIC
  • COL

Sia (15), Bas (14) e Vince (13) son tres mellores amigos que levan anos tocando na banda de rock psicodélico A ilusión de Morgana. Cando Sia cae nunha depresión, o futuro do grupo comeza a correr perigo. Rockandrolleiros é un alegre e fresco rockumental sobre a amizade, a madurez e o poder da música.

Estrea en España

Emotional Mugger

Atracador emocional

Matt Yoka

  • 2016
  • 14:36
  • EUA
  • Videoclip
  • COL

O Atracador sucumbe á mutación durante a súa psico-odisea en Os Ánxeles