Filmes

Todos os filmes

Cando o son é a imaxe Arredor do Son

Cando pensamos no cine, pensamos en imaxe e son. Sen embargo, o certo é que a maioría das películas se constrúen a partires das palabras, dos diálogos, coma se fose teatro. As imaxes e os sons poden ser máis ou menos atractivos pero non significan nada por si mesmos; están ao servizo dunha narrativa textual.

Existe outro cine no que a imaxe e o son non só serven para conter, senón que son unha linguaxe por dereito propio, que é á vez forma e contido. Incluso nese caso, é raro atopar filmes nos que ámbolos dous elementos estean ao mesmo nivel. Por desgraza, a maior parte dos directores preocúpase máis polo visual que polo sonoro.

Pero que pasa cando o visual e o sonoro son exactamente o mesmo, cando as imaxes e o son se relacionan de xeito tan íntimo que parecen fusionados, no canto de complementarios? Esa é a pregunta que intentamos responder con esta selección de películas.

Blanca Rego, comisaria Cuando o son é a imaxe

Ler máis Ver menos

Cando o son é a imaxe

NUMAX

Duración: 75m 36s

Arnulf Rainer

Arnulf Rainer

Peter Kubelka

  • 1960
  • 06:46
  • EUA
  • EXP
  • B/N

Un corto experimental de Peter Kubelka no que a película titila entre períodos de luz e son.

Time piece

Anaco de tempo

Jin Henson

  • 1965
  • 09:00
  • EUA
  • FIC
  • COL

Unha onda de conciencia surrealista sobre o tempo e outras cousas estrañas relacionadas.

Dresden dynamo

Dresden dynamo

Lis Rhodes

  • 1971
  • 05:06
  • Reino Unido
  • EXP
  • COL

Quizais foi a cuestión do son, a incerteza de que non houbese ningunha sincronía entre o que se ve o que se di, o que fixo comezar a investigación sobre a relación entre imaxe e son. Dresden Dynamo é unha curta que fixen sen cámara, na que a imaxe é a banda sonora e a banda sonora é a imaxe.

Synchromy

Synchromy

Norman Mclaren

  • 1971
  • 07:29
  • Italia
  • EXP
  • COL

A banda sonora da curta é unha composición musical orixinal producida con sons sintéticos obtidos tras fotografar formas xeométricas non usuais e pasar ditas fotos a través dunha cabeza de son óptico. As imaxes son unha representación desta banda sonora.

UFOs

UFOs

Lilian F. Schwartz

  • 1971
  • 03:03
  • EUA
  • EXP
  • COL

Lanzándonos a unha abstracción visual cósmica, o recentemente restaurado UFOs da artista informática pioneira Lillian Schwartz, é unha proeza cinética cuxa innovadora pigmentación de píxeles antedatou avances na tecnoloxía estereoscópica durante décadas.

Lanzándonos a una abstracción visual cósmica, el recientemente restaurado UFOs, de la pionera artista informática Lillian Schwartz, es una proeza cinética cuya innovadora pigmentación de píxeles antedató avances en la tecnología estereoscópica durante décadas.

10 drawings

10 debuxos

Steve Farrer

  • 1976
  • 20:00
  • EUA
  • EXP
  • COL

Colección de dez curtas. Para cada unhas delas, estendéronse unhas tiras de película virxe cun tamaño de 50 x 18”, unhas ao lado das outras, formando un rectángulo de 18 x 36’. En cada rectángulo, debuxouse unha forma xeométrica de maneira que as tiras de celuloide uníronse para facer unha película. O son xorde a partires da imaxe, ao pasar pola pista de son óptico. 

Outer space

Espazo exterior

Peter Tscherkassky

  • 1999
  • 09:58
  • Austria
  • EXP
  • B/N

O presaxio dunha película de terror, un perigo oculto. De noite, unha casa, lixeiramente inclinada desde a perspectiva da cámara e sinistramente iluminada, xorde da escuridade total e volve sumirse nela. Unha moza comeza a moverse lentamente cara o edificio.

Dialogue

Dialogo

Judith Poirier

  • 2008
  • 04:14
  • Canadá
  • EXP
  • COL

Partindo da idea do alfabeto coma unha serie de símbolos abstractos, coma unha representación visual da palabra falada, esta curta explora o ritmo acústico e visual da escritura á máquina. Poirier usa unha perspectiva aleatoria cara a animación, o que xera composicións intuitivas gobernadas pola sorpresa e o azar.

Moon blink

Moon blink

Rainer Kohlberger

  • 2015
  • 10:00
  • Alemaña
  • EXP
  • COL

Xerado unicamente por medio de código, este vídeo resalta o decisionismo único e estético do seu modelo narrativo. Inicialmente, é o movemento o que resulta irritante. A pesares das ondulacións, as desordenadas secuencias de liñas estabilízanse e convértense en patróns de movemento estritamente regulares e ascendentes en forma de liñas brancas. A crecente aceleración anula a capacidade de ver con claridade e distinguir.